Número de visitas a este blog

lunes 8 de febrero de 2010

Maside 0-4 Valenzá... O resultado xa o di todo!





O CD Maside segue nas mesmas e así nos luce o pelo aos masidaos, como diría o refrán. Mentras todos os equipos da zona baixa que se enfrontaron a nós (Rúa, Manchica e Valenzá), saen a por todos, nós saímos a velas vir e a pasar de todo. Pouquísima actitude, pasotismo total e discusións no campo. Digo eu que non só será culpa dos xogadores, xa que o entrenador ten un papel importante nisto. Non se pode saír ao campo con 5 xogadores que non baixan a defender, aínda que hai baixas. Logo hai xente como David Utrero que non soltan o balón e así é imposible xogar, pero nada, xogan os 90 minutos. Se seguimos así, para o ano en 2ª Rexional cos nosos veciños do Arenteiro B, Leiro, Ribadavia, etc.

Do partido destacar o bo partido de Corzo, xogador da Valenzá, xa que conseguiu un hat-trick. Logo pouca cousa, só decir que os que non fostes ver o partido pouco vos perdistes, e con que isto siga así só irán os aficionados do equipo rival e 2 ou 3 persoas do Maside, porque isto non pode ser.

Nos próximos dous partidos xogamos contra a Peroxa e o Ourense B, así que xa que non se lle gaña aos "pequenos", gañarlle aos "grandes". Agora estamos 15º, en situación de perigo, porque se o Rúa gaña uns partidiños o descenso pode ser un pozo difícil de saír.

Nada máis e noraboa á SD Valenzá, que veu a gañar o partido e non a facer o parvo coma os locais.

viernes 5 de febrero de 2010

Cambio de horario nos partidos!

O próximo domingo ás 16:15 h. o CD Maside recibirá á SD Valenza. Partido de loita pola permanencia no cal gañar sería moi importante. A Valenzá ten 26 puntos, mentres que o Maside 24. Hai que gañar, ou como mínimo empatar. Unha derrota sería moi dura e o equipo meteríase moi abaixo na clasificación. Serán baixa por sanción Fran Caíña e Roberto. Podedes poñer xa a porra deste partido.

Destacar a boa labor do linier de categoría infantil o pasado domingo na Manchica, xa que o fixo moi ben. Esperemos que a nova xeneración sea boa.

En canto ao que ten que ver coa liga, destacar a ameaza do CD Barco de retirarse da competición polos árbitros. Veremos haber que ocurre... (máis información na web non oficial do Barbadás (http://barbadasbase.blogspot.com)

No que se refire á Copa Deputación, decir que nos tocou o Barbadás (xa o puxen na anterior entrada). A ida será en "Os Carrís" o 19 de Marzo (día de San Xosé). Dura proba para os masidaos. O resto de emparexamentos son os seguintes: Rúa-Nogueira, Celanova-Arenteiro e Covadonga-Antela.

Infórmovos tamén de que o Maside Xuvenil cambiou de dirección: antes era http://masidejuvenil.blogspot.com, mentres que a actual é http://masidexuvenil.blogspot.com.

Se teño máis información sobre algunhas cousas xa as irei actualizando nesta entrada.

jueves 4 de febrero de 2010

Aviso!

Sorteo da copa deputación: Barbadás-Maside

martes 2 de febrero de 2010

Manchica 2-0 Maside









Segunda derrota consecutiva do equipo de Paco. Os rivais directos sempre nos gañan, e así é moi difícil estar nunha zona tranquila para evitar o perigo do descenso. Aí vai a crónica desta xornada.

Comezaba o partido no concello da Merca ás 4 da tarde. A Manchica saía a polo partido xa que necesitaba os puntos (neste momento está último a 12 puntos do Maside). Ata o minuto 37 de xogo non houbo a primeira ocasión clara de gol. Foi Adrián, o cal regateou a dous rivais e prantouse só ante o gardameta. Adrián tira fóra e erra unha importante ocasión. Na 2ª parte máis do mesmo e todo parecía que o resultado sería 0-0. No 75´ Roberto recibe tarxeta vermella (só dúas faltas en todo o partido, pero dúas faltas de tarxeta). Isto cambia o partido e a Manchica crécese. Pero no minuto 82 Cristian falla outro man a man tras errar unha vaselina. O que falla perdoa, e no 88´ e 92´, o capitán da Manchica, Bautista, marca dous golazos. Fin do partido e nova derrota.

Xogaron: 1.Toño, 2.Fran, 3.Roberto, 4.Adrián, 5.Luis, 6.Israel, 7.Hugo, 8.Bruno, 9.Cristian, 10.Utrero e 11.Mellado. Suplentes: o único que xogou foi Iván (nº15).

O venres subirei máis información sobre o partido.

martes 26 de enero de 2010

Porra... Manchica-Maside

O próximo domingo, ás 4 da tarde, o CD Maside visita A Merca para enfrentarse á Manchica. Haber se o Maside recupera os últimos bos resultados para olvidarse do último tropezo ante o CD Rúa no seu feudo. Causan baixa por sanción Chevi, Pereira e Caíña. Israel é baixa por un esguince. A defensa en cadro. O míster Paco tamén volverá aos banquillos tras 4 partidos de sanción (primeiro metéronlle 1 partido e logo 3 máis).

Deixade o voso comentario co resultado da porra.

Para ampliar as fotos facede dobre click sobre elas.










lunes 25 de enero de 2010

Novo tropezo do Maside

Unha vez máis o Maside volveu perder cun equipo que se atopa nos últimos postos da clasificación. Perderon co Paderne (0-2) e empataron coa Manchica (0-0) e co Allariz (1-1). Así é moi difícil resolver a permanencia. Ata o momento, o Maside non gañou dous partidos consecutivos, o que reflexa a irregularidade deste equipo.

Esta é a crónica: comezaba o partido e aos 5 minutos do inicio o Rúa poñíase por diante no marcador tras un gol de falta no que Toño estaba algo adiantado. 13 minutos despois, no 18´, o propio Toño salva un man a man a un xogador amarelo. No 25´chegaría a xogada clave do partido. Tiro dun xogador da Rúa, o cal para Toño, pero ao rechace volve tirar outro xogador visitante e Chevi para o balón coa man na portería. Cartolina vermella, penalty e o Maside con inferioridade numérica. O penalty sería transformado polo CD Rúa. 0-2 e descanso. Na reanudación o Rúa métese atrás e o Maside aproveitou isto pero sen marcar. Varias ocasións de Bruno e Hugo. Sería no 70´ cando chegaría o único gol masidao. Falta dende 30 metros que clava Bruno na escadra no gardameta visitante. Perfecto lanzamento. De ahí ao final pouca cousa e 1-2 para o CD Rúa.

Agora o C.D. Maside atópase 15º na táboa clasificatoria. No próximo partido visitamos ao colista, A Manchica.

As fotos subireinas mañá ou o mércores.

miércoles 20 de enero de 2010

Fotos do Polígono VS Maside







O domingo ás 4 da tarde en Maside: CD MASIDE vs CD RÚA. Deixade o voso resultado na porra nesta entrada.

Súbovos as fotos do partido no Polígono. O vídeo non se ve e por iso non o subo.