Partido sen historia o que enfrentará a Maside e Allariz o próximo domingo ás 17 horas en Outeiro Grande. Como dixen na crónica do partido de Xinzo, o Maside depende do que faga o Sporting Celanova, xa que o seu descenso provocaría o arrastre do Maside e polo tanto a baixada a 2ª rexional.
Como nota negativa teño que destacar a sanción que o Comité de Competición lle impuxo a Bruno. 4 partidos máis 1 por acumulacións de tarxetas son os que terá que cumplir o mediapunta masidao. A sanción débese a que Bruno "lle entrou ao trapo" ás múltiples provocacións da afición do Antela o pasado domingo no campo de A Moreira.
Uns días despois da crónica do Maside-Allariz farei un repaso da tempada do CD Maside.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1-2
ResponderSuprimir