lunes 19 de abril de 2010

Exhibición do Maside e sobretodo de Martín (0-3)

Gran partido o que fixo onte o CD Maside no campo de A Penafita.

Exhibición de Martín que comezou fallando pero rematou machacando.

Crónica: ao Maside púxoselle o partido de cara cando Hugo aos 8 minutos marcaba tras gran disparo axustado ao pao. 10 minutos máis tarde, Martín tería un man a man que fallou ante Araújo, porteiro local. No 25´ Toño tivo que ser sustituído por Santi por un pinchazo (en principio). Á media hora de xogo Martín puxo o 0-2 no marcador tras un golpeo algo parecido ao de Hugo pero a distinto pao. No 38´ chegou unha volea-chilena de Martín que se chega a conseguir o tanto "cae o estadio". De ahí ata o 45´ nada maís. Nos comezos da 2ª metade Paco e Hugo tiveron unha clara ocasión para marcar, pero erraron. Media hora maís tarde do seu primeiro gol, Martín conseguiu o 0-3 tras unha boa definición. 15 minutos máis tarde Fran mandaría un balón ao pao. No 85´ Santi salvou un man a man, unha das poucas xogadas de perigo do Amoeiro.

Como dixen ao principio, gran partido dos masidaos que agora reciben a tres rivais directos: Vilamarín, Antela, Allariz.

Xogadores do CD Maside:

1. Toño 25´
2. Pereira
3. Roberto
4. Chevi
5. Israel
6. Luis
7. Cristian
8. Bruno 77´
9. Martín
10. Hugo 69´
11. Paco 71´

12. Fran 69´
13. Santi 25´
14. Mellado (non xogou)
15. Utrero 77´
16. Adrián 71´

As fotos é unha incógnita, xa que teño problemas para pasar as fotos ao ordenador.

3 comentarios:

  1. para o ano xa non habera clasico, o cea baiza a 2ªrexional, sorte o eqipo panadeiro e q volvan o mais pronto posible a maxima competicion autonomica, un saudo

    ResponderSuprimir
  2. dariadeslles as gracias os do amoerio polo gran regalo q vos fixo este domigo en forma de tres `puntos, deuvos o partido en bandexa,, q ben vos veu a politica nesta ocasion,,q vergonza

    ResponderSuprimir
  3. Mira, o Amoeiro na primeira volta empatou a 0-0 en Outeiro Grande, e puido perder se non fora polas múltiples intervencions do porteiro do Amoeiro, así que non é casualidade que o Maside fora gañar a Amoeiro. Reconozco que esperaba máis do Amoeiro, pero creo que ao non se xogar nin a permanencia nin o ascenso, non se lle pon as mesmas ganas. Agora o Maside ten 3 partidas complicados, que loitan por descender, e imaxino que os masidaos seguirán polo menos puntuando.

    ResponderSuprimir