O Maside conseguiu un punto ante o 4º clasificado no debut do dianteiro Martín.
Nos primeiros minutos do partido houbo moito patadón, debido en parte ao exceso calor. Sería arredor da media hora de xogo cando o Cortegada tería a primeira ocasión clara do partido: o centrocampista do Cortegada plantouse só contra Toño, amagou, e cando o gardamallas estaba no chan quixo regatear e Toño quitoulle o balón. Fenomenal Toño coma sempre. Chegando ao descanso adiantaríanse os visitantes tras unha falta de entendemento entre Toño e Israel por un balón que viña botando. O dianteiro do Cortegada marcou a porta vacía. Na 2ª parte todo foi diferente. Moita máis tensión e o partido deparou máis emoción. Martín, Mellado, Bruno e Hugo crearon bastante perigo e foi no minuto 75 cando Cristian materializaría un penalty dudosa provocado a Mellado. Pouco máis tarde o Maside tería outra ocación clarísima que fallou case a porta vacía sobre a liña de gol.
Agora o Maside está 3 puntos por encima do Cea, o que fai que teña o marxe dun partido.
Polo Maside xogaron: Toño, Pereira, Chevi, Israel (Manuel), Roberto, Luis, Cristian, Fran (Hugo), Bruno, Mellado e Martín.
As fotos subireina mañá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada