lunes 22 de marzo de 2010

Victoria sufrida ante o CD Barco (1-0) Xa podedes ver o vídeo



O CD Maside conseguiu sumar 7 puntos dos últimos 9 e parece que isto vai cada vez a mellor. Onte os masidaos gañaron un partidos con moito sufrimento e con Toño como salvador. O partido púxose moi favorable ao Maside cando Bruno marcaba un golazo de falta por toda a escadra aos 5 minutos. Bruno demostrou que o de marcar de falta non se lle esqueceu. 25 minutos máis tarde produciríase a xogada máis clave e polémica do encontro. Penalty dubidoso de Toño tras perdida de balón de Israel e amarela para o porteiro local. O propio Toño pararía a pena máxima e salvou ao seu equipo do empate. No 42´ fallo incrible de crer de Paco a porta vacía tras disparo de Bruno ao largueiro. Repito, incrible! Na 2ª parte dominio visitante e aí apareceu Toño para parar montóns de ocasións e dar a victoria ao seu equipo.

Xogadores e Notas:

1. Toño --> 5 (o salvador, ademais de parar o penalty fixo outras tantas intervencións. Segue demostrando que é un dos mellores porteiros da categoría)
2. Pereira --> 4 (bo partido, con varias incorporacións ao ataque)
3. Manuel Caíña --> 3 (normal)
4. Chevi --> 3 (na súa liña, ben)
5. Israel --> 3 (...aínda que fallou na xogada do penalty póñolle un 3)
6. Luis --> (moi baixo)
7. Cristian --> 3 (ben)
8. Bruno --> 4 (maxistral e demostrando a súa pegada)
9. Fran Caíña --> (normal, ao igual que o seu irmán)
10. Mellado --> 3 (Fixo o que puido e loitou bastante)
11. Paco --> 2 (non foi o día do míster, e fallou o que nunca falla)

12. Adrián --> 0´5 (0´5 para non darlle un 0... un desastre)
14. David --> 2 (nin fu nin fa)
15. Jhonny --> 2 (necesita minutos para coller máis forma)

Próximo partido en Oira: Ponte Ourense - Maside

video

2 comentarios:

  1. en que gol fallou israel se ganamos por 1-0!!???

    ResponderSuprimir
  2. perdon, equivokeime. Quixen decir na xogada do penalty a favor do Barco, no vídeo vese. Grazas por comunicarme o meu error

    ResponderSuprimir