lunes 29 de marzo de 2010

Ponte Ourense 2-1 Maside




Derrota do CD Maside nas instalacións deportivas de Oira ante un Ponte Ourense con xente bastante nova que non demostrou porqué está 5º na táboa clasificatoria. Na primeira parte todo estivo igualado, e só hai que destacar algunhas faltas de Bruno que se foron por encima do longueiro. No segundo período o equipo pontino saíu a polo partido e conseguiu o seu primeiro tanto tras un remate de cabeza de Joel a centro de falta do lateral esquerdo Fran. 10-15 minutos máis aproximadamente, o Ponte facería o seu segubdo gol por medio de Ernesto. Os locais tiveron dúas ocasións claras máis pero non as aproveitaron. O Maside recortaría distancias tras gol de Roberto a porta vacía, o cal lle dedicaría o tanto ao seu pai falecido recentemente. Pouco despois o Maside tería unha ocasión clave: gran pase de Utrero para Hugo que controla bastante ben e logo tira cruzado e váiselle fóra por escasos centrímetros. Nas gradas cantábase o gol, pero por mala sorte non foi así.

A nota negativa púxoa o árbitro, xa que os colexiados seguen demostrando que sempre favorecen aos da capital ourensá.

A nota positiva foi que os equipos máis cercanos ao Maside (Cea, Antela e Allariz) perderon.

Próximo partido: Maside-Barbadás de Copa. O mércores a previa.






0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada