miércoles 31 de marzo de 2010

Maside-Barbadás (copa) e Maside-Melias (liga)

Este Xoves Santo día 1 de Abril, o Maside recibe en Outeiro Grande ás 17.30 h. ao Barbadás. O equipo azulón é o claro favorito para pasar de ronda. Só un milagre faría que os masidaos se clasificaran. Pero a Copa é a Copa e sempre pode que sucedan cousas moi raras...

Tres días máis tarde, o domingo, os de Outeiro Grande tamén reciben no seu feudo a outro equipo, o Melias. O encontro será ás 17.30 h. Recordade que o encontro só durará 60 minutos, xa que os outros 30 xogáronse o día da neve.

O venres ou o sábado subirei a "mini-crónica" do Maside-Barbadás.

Facede a vosa porra dos dous partidos.

1 comentarios:

  1. Maside 0-5 Barbadás
    Maside 1-1 Melias

    ¡O resultado da copa é o de menos, o importante é a salvación na liga!

    ResponderSuprimir