miércoles 24 de marzo de 2010

Domingo ás 17 en Oira

O próximo partido do CD Maside será nas instalacións deportivas de Oira. Alí enfrontarase ao Ponte Ourense. Campo difícil de gañar e tamén dura rival, aínda que non o demostren na clasificación. Tras a victoria contra os do Barco de Valdeorras, o Maside respira máis tranquilo, xa que cada vez afástase máis da zona de perigo. Súbovos un vídeo no cal aparece Bruno lanzando unha falta. Do vídeo do penalty do Barco decir que aínda así é moi dubidoso, e para o árbitro sería moi difícil. Na miña opinión creo que Toño saca un pouco a man para tocar o balón e o colexiado Carid interpreta que é penalty. Como digo, moi dubidoso aínda véndoo na repitición. Facede a porra co voso comentario, e invito a xente pontina a que tamén poña o seu propio comentario. Sorte, e o domingo a intentar polo menos puntuar.

video
Falta a favor do Maside lanzada por Bruno

2 comentarios: